15.6 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

Sandra Vilela:”En Muxía estamos en campaña electoral continua pero solucións para os veciños non hai ningunha”

A portavoz do Partido Popular de Muxía pensa que a pesar dos ingresos que obtivo o consistorio polos parques eólicos e polo Parador de Turismo “os problemas estruturais do concello de Muxía seguen sen solucionarse”.

Entrevista a Sandra Vilela a partir do minuto 16

Considera que este primeiro ano de lexislatura do alcalde socialista, Iago Toba, foi “moi negativo” sendo “o ano que máis decepcionada estou desde que son portavoz municipal”.

Para Sandra Vilela ”en Muxía estamos en campaña electoral continua pero solucións para os veciños non hai ningunha”. Segue habendo problemas coa auga de Muxía, Castelo e Quintáns, deficiencias na estrada de Leis-Lago, con carencias nos mantementos básicos e nas zonas rurais.

“Actitude totalitaria e déspota” do alcalde

Tamén citou o abandono do Camiño dos Faros, a falta de medidas de Política Social, pero tamén a falta de diálogo:”Boto de menos humildade. Todo o que se lle di (en alusión a Iago Toba) é rexeitado e tomado como un ataque  persoal”.

Os populares denuncian unha “actitude totalitaria e déspota” do alcalde coa oposición pero “incluso co seu propio equipo de goberno”.

Coronavirus:”Rexeitaron as nosas propostas e non tiñan alternativa”.

Vilela tamén dixo que na xestión do COVID-19 “non houbo ningunha iniciativa propia” e lamentou que non apoiaran as propostas do PP:”Rexeitaron as nosas propostas e non tiñan alternativa”.

A labor do goberno socialista limitouse a desinfeccións e a publicidade, aseguran desde a oposición:”Noutros concellos están dando axudas”.

“Non me gustaría que se replicase o retablo”

Sobre a polémica xurdida sobre o retablo do Santuario da Virxe da Barca, a opinión persoal de Sandra Vilela é que “non me gustaría que se replicase o retablo” feito por Miguel de Romay no seu día.

No que se amosou moi crítica co alcalde Iago Toba foi no xeito de facer as cousas “nun tema tan sensible e transcendente”. Sobre a opinión dos veciños precisou:”Para saber se o 90% está a favor hai que preguntarlle ós muxiáns”.

O que ten claro a edila popular é que “non era o momento do denate en plena pandemia”.Tamén lembrou que había creada “unha comisión do retablo” que non se reuniu, e preguntouse onde estaba o actual mandatario cando se desenvolvían actividades para recadar fondos para o santuario.

Con respecto á mellora da estrada de Touriñán, Vilela dixo:”O único que se conseguiu por parte do goberno de Muxía foi retrasar a obra polo menos cinco meses”. Outro tema que mencionou foi o referido coa Lei de Cambio Climático, que poderá traer como consecuencia «o peche de varias empresas en Galicia e a perda de centos de empregos».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos