14.3 C
Santa Comba
martes, noviembre 5, 2024

Daniel García:”O alcalde de Ponteceso só se dedica a vender fume, anda a bandazos”

E se fai uns días era o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, o que facía balance no programa “Na Encrucillada”, este venres era a quenda do Partido Popular.

Escoita a entrevista desde o minuto 93

O seu portavoz non esqueceu que “foi un ano marcado pola intoxicación de 600 personas en Corme e o alcalde aínda non dou unha explicación pero todo o mundo sabe que a responsabilidade é do concello”.

“O Sr. Carballido é un rodillo” dixo Daniel García Cotelo, que destacou que só aceptara unha moción do PP, que propoñía unha serie de axudas para autónomos e comerciantes.

”O alcalde de Ponteceso só se dedica a vender fume, anda a bandazos” asegurou García, que resumiu todo con dúas expresións:”O alcalde de Ponteceso vai cos da feira e vén cos do gando” e “O que nos espera é pan e circo”.

Rexeitou as críticas da Carballido contra a Xunta de Galicia, asegurando que “A Xunta está investindo no concello de Ponteceso”, se ben lamentou que o rexedor “non teña capacidade” de diálogo.”Desde o PP de Ponteceso non temos problema en botarlle unha man”.

García Cotelo puxo como exemplo, os investimentos que está realizando o goberno autonómico en concellos que non son do PP:”Igual o problema o ten el e non os demais”.

Desde o PP non se amosan moi esperanzados con respecto ao avance da lexislatura e referíronse ao cese de Faustino Santiago “un concelleiro que estaba traballando moito en situacións complicadas”.

Tamén mencionaron os rumores que hai “sobre discrepancias dentro do goberno e unha crise grande”, e pensan que o problema é o talante do mandatario:”Se segue pensando que segue sendo El Rey, el mesmo se afogará nas súas decisións”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos