16.2 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Lois García Carballido:”A Xunta só inviste nos concellos con alcaldes do PP. É a triste realidade”

Entrevista ao alcalde de Ponteceso(Desde minuto 83 do audio)

O alcalde de Ponteceso lamentou a falta de apoio do goberno autonómico:”A Xunta só inviste nos concellos con alcaldes do PP. É a triste realidade. É terrible o partidismo dos investimentos da Xunta”.

Lois García puxo como exemplo que “en Cabana hai beirarrúas da Xunta. Desde Ponteceso a Buño non hai un só kilometro de  beirarrúas construido pola Xunta”.

“Non se pode gobernar coa bandeira do partido”

Dixo que “Augas de Galicia pode gastar dous millóns de euros nun concello do lado e en cinco anos en Ponteceso cero euros”. Para argumentar a súa denuncia de “discriminación” engadiu:”Hai alcaldes da zona que aos catro meses xa os recibiu Feijóo. Eu levo cinco anos e nunca me recibiu. Non se pode gobernar coa bandeira do partido, unha administración. O presidente equivócase”.

O alcalde asegura que “necesitamos o apoio da Xunta” porque o seu concello “ten capacidade administrativa para  licitar obras e servizos como se fóramos un concello de 40.000 habitantes. O que nos faltan son recursos”.

Pelexar pola industria, o comercio e o emprego

Para Carballido este primeiro ano foron de “meses moi intensos de traballo” e que tamén tiveron a súa dificultades porque “na época anterior (do PP)houbo un gran endebedamento do concello”. E tamén se realizaron distintos investimentos por parte do novo goberno. Citou o campo de fútbol do Pinguel, o alumeado do campo do Cairo, ou a expansión da fibra óptica ás parroquias.

”A marca persoal do noso proxecto é pelexar pola industria, o comercio e o  emprego” asegurou o mandatario referíndose ao impulso ao parque empresarial de Tella e ao anuncio de construción de varias naves que se alugarán con opción de compra.

Renovación do alumeado e cese de Faustino Santiago

Outro proxecto é, con dous millóns de euros de axuda estatal, a renovación alumeado porque “os cadros eléctricos non cumpren as condicións de seguridade”. Ademais a medida permitirá un importante aforro enerxético.

García Carballido lembrou que en Ponteceso “conseguimos ter as taxas e os impostos conxelados desde fai cinco anos”, e que “agora os autónomos que contratan co concello saben que cobran en pouco tempo”.

O alcalde non se quixo pronunciar sobre o cese do concelleiro Faustino Santiago(“cousas que entran dentro do día a día da política”). Con respecto a polémica do proxecto eólico de Corme amosouse “a favor dos investimentos” que vai a realizar a empresa, por importe de 18 millóns de euros:”Vai a pagar un IAE  e a colaborar co concello”.

Con respecto ás crítica da oposición sobre o seu talante, afirma que tenta dialogar coa oposición, indicando que recentemente aprobaron unha moción do PP.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos