10.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

Jesús Picallo:”O sector do turismo da Costa da Morte ten que unirse”

AUDIO -Entrevista a Jesús Picallo a partir del minuto 61

O presidente da asociación “Solpor” agarda que os meses de “xullo, agosto, setembro e incluso outubro” sexan dunha boa afluencia turística na Costa da Morte, xa que “somos un destino seguro, sostible e de saúde”.

“Hai moitas chamadas de turoperadores”

Pensa que “o que antes era unha debilidade agora pode ser unha fortaleza. A xente agora valora un trozo de finca , de horta” e as zonas rurais son un atractivo. Asegura que “hai moitas chamadas de turoperadores”, nun territorio que destaca pola súa gastronomía, polas súas paisaxes e por ofertar “un turismo barato” e ter “a marca do Camiño de Santiago”.

“Van a ser meses moi bos se non se recupera o COVID”

“Van a ser meses moi bos se non se recupera o COVID”, asegura Jesús Picallo que reflexiona sobre a pandemia:”Foi unha volta atrás, empezar case de cero. Unha situación que nunca se viviu, Parouse todo”.

Agora é o momento da recuperación lenta e progresiva e onde a responsabilidade será fudamental, aplicando as medidas de seguridade sanitaria e “adaptarnos a unha nova forma de traballar”.

Sobre a Costa da Morte como destino turístico pensa que é inevitable camiñar xuntos:”O sector do turismo da Costa da Morte ten que unirse”. E puxo como exemplo o funcionamento do Clúster de Turismo de Galicia.A maneira de funcionar e creando un consello que agrupe a tódalas asociacións  que hai na zona, cunha asistencia técnica.

Picallo:“Crecen os territorios que están comunicados”

“Crecen os territorios que están comunicados” apunta Picallo, consciente que “Unha Vía Rápida con Santiago é máis que necesaria, e tamén que a autovía chegue a Berdoias”. O presidente de Solpor non obviu a repercusión que pode ter o Parador da Costa da Morte:”O Parador vai a marcar un destino importante en toda a comarca”.

Jesús Picallo, como empresario, xestiona o establecemento “O Semáforo”, ubicado na contorna co Cabo Fisterra e está traballando nun proxecto de dinamización do Faro de Lariño, en Carnota. Xa ten a autorización para o seu uso con aloxamento turístico por parte do Goberno do Estado.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos