O rexedor larachés critica a “improvisación” e a “incompetencia” do goberno de Pedro Sánchez. Audio coa entrevista- A partir do minuto 30.
O alcalde da Laracha considera que agora mesmo o máis importante e a cuestión sanitaria e social para ir dando resposta a unha pandemia, que a pesares dos seus efectos, non provocou unha paralización da actividade municipal.
”Aínda que a xente non estaba presencialmente no concello fíxose un volume importante de traballo desde a casa” afirmou o José Manuel López Varela, que fixo referencia as 333 resolucións dictadas e aos temas que se “foron sacando adiante”.
Axudas para autónomos e pemes
Valorou o traballo de Protección Civil, e citou as medidas promovidas desde o concello co reparto de mascarillas e guantes, labores de desinfección, reparto de vales para alimentos ou o reforzo do apartado de emerxencia social, así como servizos de asesoramento psicolóxico ou educativo. Tamén se aprobou unha liña de axudas con 220.000 euros. Se ben, neste punto, o rexedor precisou que “estas axudas teñen que ser complementarias” das que estipulen as administracións.
López Varela non está moi conforme coa xestión do goberno de Pedro Sánchez.Pensa que houbo “improvisación” e “inseguridade absoluta por parte do goberno central” sobre todo nas medidas que afectaban á hostelería”.
Comparou as “solucións” achegadas desde a Xunta de Galicia fronte “a incertidume e os enfrontamentos do goberno central, que non estivo á altura, foi unha incompetencia absoluta”.
O concello segue funcionando
José Manuel López pensa que malia a pandemia, este ano de xestión foi “totalmente positivo” nun concello da Laracha, que nestes momentos traballa nos concursos do servizo de Axuda no Fogar, da recollida do lixo ou do alumeado público.
Neste capítulo, hai un investimento de 1,2 millóns de euros que mellorarán a eficiencia enerxética e derivarán nun importante aforro. Tamén avanzan aos obra do Centro sociocomunitarioa de Caión, cun investimento similar. As obras rematarán en setembro.
Tamén hai distintos investimentos que afectan as diferentes parroquias do concello. Desde o concello insisten que agora o prioritario é o tema sanitario pero explican que “a obra pública tamén xera postos de traballo”.