O tema da restauración do retablo da Virxe da Barca segue de actualidade, e como sempre pasa nestes temas tan delicados, provoca controversia e divisións.
É sorprendente como, despois de oito anos sen naide acordarse del, e cando alguén se interesa en arrancar de forma seria un proxecto viable, salen en tromba, un grupo de defensores da opinión de certos expertos, aos que lle teño máximo respeto, e dos cales considero que teñen a mesma lexitimidade para opinar que o resto de veciños e veciñas.
Sorpréndendenme, como defensores da democracia, defensores do diálogo, defensores de escoitar ao pobo, non fagan o mesmo con este tema. Da a sensación de que a veciñanza de Muxía, non é maior de idade, e que teñen que estar tutelados por expertos cando do que se trata é de falar do retablo.
E eu pregúntome, ¿por qué?
¿Acaso os veciños e veciñas de Muxía non teñen dereito a opinar sobre o tema?
¿É mais ou menos válida a opinión dun experto, sexa quen sexa, que a opinión da veciña que vai día a día a coidar do Santuario?
¿Tense medo a preguntar a veciñanza qué opina sobre o tema e chegar a dicir que estas cuestións non son para resolver «democraticamente»?
¿E aceptable que se chame pouco menos que inculto artistico a aquel que non acepta as teorias de expertos?
¿É garantía de éxito a toma de decisións dun grupo de expertos, sen tomar en conta a opinión do pobo?
¿Porqué a polemica agora e non durante todos estos anos de abandono total?
¿É incompatible traballar na vía da construción dunha replica, totalmente viable economicamente (sempre sen utilizar cartos do concello) e tecnicamente con que o grupo de expertos traballen na busqueda de financiación para esa gran obra orixinal que nunca da chegado?
¿Inflúe moito, no resultado final, ou na elección final, o sentimento que se poida ter ao Santuario, á contorna ou a mesma Virxe, ao que alguns non o queren nin nombrar?
¿Que parte ofende a quén? ¿A opinión dos expertos en medios de comunicación falando de quenes están máis autorizados a opinar segundo os estudos que se teña, ou un pobo que só reclama algo que pertence ao seu patrimonio cultural, sentimental e afectivo?
E agora, despois de plantexar esta serie de cuestións, contemplemls a realidade tal e como é, sin simbolismos nin cores:
As expertas encargadas de facer a restauración despois do incendio, que se olvidaron en todo momento da opinión da veciñanza, ¿fixeron un bo traballo?
A comisión de expertos, encargada de volver a facer abalar a nosa «Pedra de Abalar» gastando miles de euros, ¿foron quenes de facelo? ¿Si lles fixeran algo de caso aos veteranos do pobo, que coñecen a pedra porque naceron nela, podería ter outro resultado?
Os defensores agora das obras orixinais, rompedoras, de valor artistico, son os mesmos que loitaron para «destruir con dinamita» o monumento «A Ferida» baixo o argumento de que non era o entorno axeitado? ¿Non queremos algo asi para o exterior e querémolo para o interior?
¿Son analfabetos artisticos e culturais os expertos que decidiron reconstruir os elementos que desapareceron no incendio de Notre Dame?
Vendo a obra feita por un gran artista, que soaba como posible autor dunha hipotética obra orixinal para o retablo, Barceló, tal e como é un altar na Catedral de Mallorca, con un custe de 3,5 MILLONS de €, ¿da seguridade de que sexa o arte máis apropiado, ou de que sexa viable economicamente?
A realidade máis certeira é unha:
O ESTADO NO QUE ESTÁ O SANTUARIO É UNHA VERGOÑA, E POR MOITAS VOCES QUE SAIAN AGORA, ATA O DÍA DE HOXE, NINGUN DOS QUE AGORA FALAN, OPINAN, CRITICAN, NON FIXERON ABSOLUTAMENTE NADA PALPABLE PARA SACAR AO SANTUARIO DESTA SITUACIÓN, E SEGUIMOS COMO ESTABAMOS.
Eu, ainda con críticas, ainda recibindo calificativos como inculto, populista, analfabeto artístico, pouco preparado artisticamente, déspota, dictador, oportunista, etc… seguirei nas miñas:
– Non quedar cos brazos cruzados por medo á polémica.
– Traballar nunha vía na que creo.
– E sobre todo, e ante todo, escoitar o sentir do pobo, que para alguns e algunhas é tan importante nalgunhas ocasións pero tan pouco respetable para outras.
NON O CONSEGUIREMOS, PERO QUE NON SEXA POR NON INTENTALO!
A traballar, buscar financiación, buscar talleres, e presentar feitos (como a replica da Virxe da Barca), pois para opinar, criticar e quedar cos brazos cruzados dende a barreira sobra xente!