9.7 C
Santa Comba
sábado, diciembre 3, 2022

A comisión aclara que non organizará «nin verbenas nin actos multitudinarios» nas Festas do Carme de Camariñas

A comisión das Festas do Carme de Camariñas emitiu un comunicado aclarando que «baixo ningunha circunstancia, ten intención de celebrar verbenas nin actos multitudinarios que poidan poñer en perigo a saúde dos veciños e veciñas de Camariñas». Explican que «aínda que a lei o permitise, no o permite o sentido común».Polo tanto non teñen intención  de organizar nin verbenas, nin eventos como a sardiñada, ceas , ou andainas.

Posibilidade de organizar misas e a procesión marítima

Consideran que todo isto non é incompatible con outras actividades, e se «a autoridade relixiosa estima oportuno» pretenden organizar a misa e a procesión na honra da Virxe do Carme.»Sempre que a confraría tome un acordo sobre a posible celebración da procesión marítima, estaremos ao que as autoridades nos indiquen, tanto en materia de seguridade sanitaria como de orde pública. O mesmo cabe dicir da Danza de Arcos que, de celebrarse, contará, coma sempre, coa nosa colaboración».

Desde a comisión de festas informa que «os escasos donativos obtidos serán destinados á festividade da Virxe do Monte do próximo ano». Iniciaran a recollida de donativos para esta tradicional celebración, que tiveron que suspender polo Estado de Alarma.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
507SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos