9.7 C
Santa Comba
sábado, abril 19, 2025

Sandra Insua demanda máis recursos para os concellos porque “somos os que estamos vivindo o día a día”

Escoita a entrevista a alcaldesa de Camariñas(Min 10)

A alcaldesa de Camariñas incidiu nuha demanda na que coinciden prácticamente tódolos alcaldes e alcadesas:”Os concellos somos os que estamos vivindo o día a día.Temos competencias pero sen axudas. Nós temos que cumprir regras de gasto e déficits pero logo as administración non cumpren”.

Xestión de animais abandonados

E referiuse a xestión da pandemia, pero tamén a da vespa velutina ou a dos animais abandonados, que están sendo un auténtico “marrón” económico para os municipios.

Por exemplo a da recollida de cans e gatos “que se nos está disparando, con facturas mensuais de ata cinco mil euros”. Neste senso, Insua Rial, agarda con optimismo a intención da Deputación provincial de habilitar unha canceira provincial porque “é un gasto importantísimo”.

Medidas COVID-19

Tamén está pendente da administración provincial para artellar as axudas pola COVID-19, e aínda que xa teñen iniciativas perfiladas, están á espera, porque desde o goberno que preside Valentín González queren promover “unha liña de axudas para todos os concellos igual”.

E sobre o coronavirus, a alcaldesa destacou a ausencia de moitos casos no concello:”Foi unha experiencia única que espero que non se repita”. Tildou as primeiras datas como “días incertos” nos que “houbo que ir improvisando medidas”.

Sobre o verán e coa Semana Santa xa perdida, Sandra Insua está “esperanzada” en que haxa visitantes porque é consciente de que a hostelería “está sufrindo”.

Un ano positivo de lexislatura

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, a mandataria fixo balance deste primeiro ano “positivo” de lexislatura.Lembrou que un dos seus compromisos era “volcarse coa limpeza de rúas”, coordinada a través da creada concellaría de limpeza e ornato. Outro obxectivo era o Centro de Día. Anunciou que está negociando coa confraría de pescadores a cesión duns terreos.

Outra actuación que destacou son as obras do paseo da Ponte do Porto que “avanzan a bo ritmo” despois dos atrancos que padeceu (“foi unha obra que tivo mala sorte” precisou). Un invetsimento que “dará un novo aire á Ponte”.

En breve comezará na vila porteña a mellora da rúa do Cura e do Sixto, e o proxecto de mellora da praza de San Xurxo en Buría.Tamén dou conta da xuntanza coa Autoridade Portuaria para a mellora dos accesos ao Cabo Vilán.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,150SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos