12.2 C
Santa Comba
sábado, marzo 25, 2023

O concello de Santa Comba pide información á Xunta para poder organizar campamentos e actividades de conciliación

Publicamos a nota de prensa remitida desde a alcaldía do concello de Santa Comba.

Precisamos protocolos de actuación, ratios a cumprir e outros datos de interese, para poder organizar e levar a cabo campamentos-programas de conciliación laboral e familiar.

En relación coa situación creada pola crise global do COVID-19 e trala declaración do Estado de alarma por parte do goberno central o 14 de marzo, foi anulada toda práctica deportiva. Actualmente aínda existen normas estritas para a súa normalización, descoñecendo en qué data é posible iniciar a práctica deportiva, campamentos de verán e programas concilia para menores de idade.

Neste senso vimos de manter unha reunión os rexidores dun grupo de Concellos da comarca Xallas-Costa da Morte tales como Santa Comba, A Baña, Zas, Mazaricos, Negreira, Val do Dubra, Vimianzo e Camariñas.

Logo de analizar a situación na que nos atopamos as administracions locais e vista a publicación do Ministerio de Sanidade da Orde SND/458/2020 de 30 de maio, publicada no BOE do 30 de maio, na que non se establecen protocolos de actuacións e remiten a competencia á Comunidade Autónoma respectiva.

SOLICITAREMOS á Xunta de Galicia que nos proporcionen información de se se van a poder realizar programas de conciliación laboral e familiar así como campamentos deportivos e/ou culturais,  data para poder iniciar os mesmos, protocolos de actuacións a seguir, ratios a cumprir, tratamento dos nenos e nenas con necesidades especiais e outros datos de interese; coa finalidade de poder organizar os programas de conciliacion laboral e familiar coas máximas medidas de seguridade e evitar todos os ricos que sexan posibles.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,838SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos