8.9 C
Santa Comba
domingo, marzo 3, 2024

Iago Toba:”O 90% dos veciños están a favor da réplica”

Escoita a entrevista co alcade de Muxía a partir do minuto 61

O alcalde de Muxía, Iago Toba, sostivo hoxe que “o 90% dos veciños están a favor da réplica” do retablo do santuario da Virxe da Barca.“Temos un santuario precioso ao que lle falta un cachiño da alma, o retablo maior” manifestou Toba, que despois de anos de paralización quixo “activar o tema cunha perspectiva realista”. E neste caso, a idea é unha reproducción da obra do artista barroco Miguel de Romay.

“Estou aquí para atender ás demandas dos veciños”

O alcalde dixo que tódalas opinións estaban ben pero mandou unha mensaxe clara:”Tan importante é a opinión dos expertos como a dos veciños e veciñas.Pero estou aquí para atender ós veciños e escoitar as súas demandas”.

Afirmou que o procedemento arrancou cos “estudios das posibilidades reais e da viabilidade económica e de tempo”. Matizou que o concello é “unha administración laica pero eu como alcalde tamén podo axudar”, defendendo que o santuario non só é unha cuestión relixosa senón que representa “un atractivo  turístico, sentimental, cultural e histórico”.Polo tanto insiste que “non é unha ocurrencia política, é unha necesidade da xente”.

Estrada de Touriñán

Toba tamén se referiu á mellora da estrada de Touriñán, logo de todo o atraso e incluso dalgunha “confusión”. Dizo entender “o cabreo dos veciños” pero precisou que “non queda máis que empezar as obras, que agora teñen un incremento, cunha inversión de 636.000 euros”.

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, o alcalde tamén se referiu a situación dos percebeiros, e pediu a administración autonómica diálogo cos profesionais do mar, aos que o goberno local continuará defendendo.

Referiuse ademais aos investimentos recentemente aprobados, que suman 2,5 millóns de euros de investimento,que “darán garantías” e melloras aos muxiáns e que demostra que “non estamos sentados nun despacho. Estamos activos buscando solucións para a veciñanza

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos