10.8 C
Santa Comba
sábado, abril 1, 2023

A oposición do concello de Cee solicita un pleno extraordinario “para estudar e debater sobre a compra dos aparatos de desinfección para a loita contra o Covid”

Así o acordaron os portavoces dos catro grupos, Antonio Domínguez(PP),Ramón Vigo(IxCee), Serxio Domínguez(BNG) e Juan Hermida(Ciudadanos). Despois das críticas lanzadas desde a oposición coa correspondente resposta da alcaldesa Margarita Lamela Louzán e do PSOE, a oposición move ficha trasladando este asunto ao salón de plenos. Con anterioridade reclamaban a paralización da compra das máquinas de ozono e de auga ionizada. Agora solicitaron un pleno.

“A alcaldesa esquece que goberna cunha minoría importante”

A mensaxe dos catro portavoces é clara:“tivemos  coñecemento polos  medios de comunicación,  da adquisición dos aparatos de desinfeción para loita contra o Covid-19. Consideramos que habendo unha comisión, con representación de todos os grupos da oposición, que non foi convocada para informar e/ou concordar a idoneidade das compras, faise imprecindible que a alcaldesa dea as explica oportunas, así como que  escoite as nosas aportacións para loitar contra a pandemia”.

Ademais sinalan que “ a alcaldesa esquece que goberna cunha minoría importante, con catro de trece concelleiros/as, polo que o diálogo debería ser a tónica dominante, mais non o está sendo. Isto obríganos a convocar este pleno para poder exercer un dereito que se nos está usurpando, o de opinar e de ser escoitados”. 

Foto- Concelleiros da oposición do BNG e do PP

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos