4.4 C
Santa Comba
lunes, marzo 27, 2023

A fábula do teixo e do raposo da Ponte do Porto

VIDEO-

Pode que Esopo ou Sanmaniego nunca falaran do conto do teixo e do raposo, porque ao noso golpe ou pedro acaelle máis o corvo, astuto e teimudo coma él. Pero na Ponte do Porto o caso é que o confinamento fixo achegarse moitas noites cerca das casas a un raposo e un porco teixo, na procura de preadas, de algún resto cerca dos contedores de lixo. 

Ao principio cando viña un marchaba o outro, pero desde esta fin de semana os dous cambiaron de fase, e agora xa empezan a compadrear, nun caso ben raro de encontrar entre estas dúas especies. O raposo sacoulle o prato da boca a un gato, e axiña saiu do mato o teixo, que fixo recuar a pedro. Pero ao final mirándose de reollo un e outro compartiron viandas sen problema.

O que non quixo saber nada deste terraceo nocturno foi o gato negro que tiña o seu prato para el só e que marchou as primeiras en canto o raposo se colocou por detrás del.

Pode que sexa o inicio dunha grande amizade ou só un pacto obrigado pola fame onde os dous teñen moito que gañar. A fabula do teixo e do raposo da Ponte do Porto.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos