5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Unanimidade para aprobar bonificacións para a implantación de empresas e no POS + adicional

Hoxe celebrouse o Pleno ordinario correspondente ao mes de maio. A sesión, que se desenvolveu na Casa da Cultura para posibilitar que os edís gardasen as distancias sociais de seguridade, comezou gardándose dous minutos de silencio en sinal de recordo e respecto ás mulleres vítimas da violencia de xénero e das persoas falecidas pola Covid-19.

O alcalde, José Manuel López Varela, aproveitou para dar a benvida ao novo secretario titular do Concello, Miguel Piñeiro, e desexarlle “sorte no teu novo cometido polo ben de todos, da Corporación municipal e dos veciños da Laracha”.

A continuación, o rexedor municipal tamén mostrou o seu agradecemento ao persoal municipal polas 333 resolucións decretadas desde a celebración do último Pleno ordinario, das que se deu conta á Corporación. López Varela destacou que grazas ao traballo dos empregados municipais durante o estado de alarma “a administración non sufriu retrasos na tramitación de expedientes”.

Xa inmersos na votación dos puntos da orde do día, os tres grupos políticos con representación no Pleno aprobaron por unanimidade a declaración de especial interese ou utilidade municipal a dous proxectos de construción de naves industriais no parque empresarial da Laracha, o que implica a bonificación do 95% no imposto sobre construcións instalacións e obras (ICIO). Este incentivo está contemplado no artigo 6 da ordenanza fiscal número 17 ao concorrer circunstancias de fomento do emprego, xa que en ambos casos teñen por finalidade a implantación de empresas no polígono industrial. Os proxectos son promovidos por Galitrans 96 S.L. (nave industrial destinada a almacenamento téxtil) e por Daniel Rial Buño (nave industrial destinada a carpintería metálica).

A unanimidade repetiuse na aprobación da proposta do goberno local para destinar os fondos que lle corresponden ao Concello da Laracha nas dúas liñas do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal, isto é, os POS+ Adicional 1/2020 e 2/2020 convocados pola Deputación da Coruña. Deste xeito ratificouse polo Pleno o acordo tomado onte na Xunta de Goberno Local. Cabe lembrar que unha das liñas é a achega para o financiamento de gastos correntes ou investimentos financeiramente sostibles e que para o caso da Laracha ascende a 217.108,88 euros, que serán destinados integramente a afrontar gastos correntes municipais.

O outro programa de axudas ten por finalidade financiar gastos sociais extraordinarios derivados da Covid-19. A achega de 57.895,70 euros que percibirá o Concello da Laracha dedicarase á adquisición de medios de prevención (equipos de protección individual) e á ampliación da dotación das partidas orzamentarias para garantir ingresos suficientes ás familias en situación de vulnerabilidade e asegurar a cobertura das súas necesidades básicas.

Por último, salientar que unha vez completada a tramitación administrativa correspondente, aprobouse con carácter definitivo -coa abstención do grupo municipal do BNG- o estudo de detalle promovido por un particular para a ordenación de volumes nunha parcela da rúa San Martiño de Paiosaco. 

Fonte-Concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos