Entrevista a Amancio Lavandeira en Radio Xallas, desde o minuto 94
O portavoz de Terra Galega amosouse moi crítico coa xestión do popular Juan García Pose en Coristanco, no seu primeiro ano de mandato.
Acusouno de “vivir de rendas” do traballo feito por Tega que tivo “que adoptar medidas impopulares” durante o goberno de Lavandeira, e tamén de “intentar ocultar a súa xestión, evitar que os expedientes estean completos, e que nos teñamos acceso á información”.
“Bebe de anteriores formas de facer política”
Para o portavoz centrista García Pose “bebe de anteriores formas de facer política, moi rancias”. Tamén asegurou que o mandatario coristanqués “vai a Carballo a ver como se desarrollan os plenos” e “toma de modelo” este municipio:””Sorprende que un alcalde do PP teña que ir a a un concello do BNG para aprender como dirixir o pleno”.
Tamén incide en que neste ano de lexislatura a iniciativa foi da oposición e resume a xestión do PP en “moita foto oficial, e moita promesa que de momento non se materializa nos veciños”.
Tega denuncia que non se responde as súas preguntas
Outra queixa é con respecto aos plenos:”Formulamos preguntas pero non se nos contesta”. Amancio Lavandeira puxo como exemplo de “incongruencia” do goberno “que se lle pague a unha empresas 1.621 euros pola custodia dun can e só se destine 5.000 euros as familias con poucos recursos”.
Anuncia que farán “unha política leal cos veciños de Coristanco e non para o alcalde de turno” que mira “o mellor posible para os seus intereses”.
Desde Terra Galega recriminan ao alcalde que “fala de consenso pero non o practica” e asumen que son “unha pedra no zapato” para o executivo de García Pose.