10.8 C
Santa Comba
sábado, abril 1, 2023

Iago Toba quere que o Altar Maior estea reconstruído para a romaría da Virxe da Barca do ano 2021

O goberno local de Muxía reactivou o proxecto de reconstrucción do Altar Maior do Santuario da Virxe da Barca. Así o anunciou o alcalde, Iago Toba, despois das xuntanzas que mantivo co párroco Manuel Liñeiro e co xefe de Protección Civil, Ramón Pérez Barrientos.

Desde o concello xa se puxeron mans á obra para recuperar un proxecto que levaba anos parado.O obxectivo é encaixar tódalas pezas para que o retablo se rehabilite e poida lucir para as festas da Barca do ano 2021.O encargado de facer realidade esta idea será Julián del Olmo Lara, do obradoiro de arte relixiosa Del Olmo.

O alcalde destaca o alto significado da actuación

O alcalde, Iago Toba, destacou que “supón un paso moi importante retomar contactos para poder acadar o noso obxectivo. Para Muxía ten moitísimo valor e un alto significado cultural, social e emotivo, todo o relativo á Virxe da Barca. A nosa vontade é que este santuario volva lucir como no pasado, e comezaremos os movementos para que así sexa. Temos que estudar as alternativas que sexan máis viables, e doulle as grazas tanto ao párroco, Manuel Liñeiro, como a todos os voluntarios de Protección Civil”, sinala o rexedor. 

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos