11.5 C
Santa Comba
lunes, diciembre 5, 2022

Ferida unha condutora despois de precipitarse co seu vehículo en Fisterra

Información-AXEGA 112

Unha condutora resultou ferida despois de caer co seu vehículo ao areal da Ribeira, no concello coruñés de Fisterra.

Todo sucedeu sobre as 17:15 horas desta tarde cando, a esa hora, varios particulares chamaron ao 112 Galicia para informar dos feitos. Segundo a información facilitada polos alertantes ao 112, o coche saíuse da vía na zona e caeu á praia, preto da auga. Indicaban que había un único ocupante no interior do turismo e que necesitaba axuda para abandonar o vehículo.

De inmediato, desde o 112 Galicia activouse un operativo de rescate que contou coa intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Cee, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e tamén dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Así, tras liberar á muller, os Bombeiros confirmaron aos xestores do 112 o seu traslado ao centro hospitalario de referencia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
509SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos