9.7 C
Santa Comba
miércoles, enero 22, 2025

Reflexións dun percebeiro da Costa da Morte

REFLEXIÓNS DUN PERCEBEIRO DA COSTA DA MORTE  (Toñico Haz)

Nesta semana que acaba de pasar, na que estamos case que todos confinados por culpa deste mal que nos afecta, lin con estupor- supoño que outras persoas tamén o fixeron e quedarían igual de asombradas- un artigo nun xornal do sur de Galicia, na súa sección de Arousa, na que dicía no seu titular “Los bateeiros, dispuestos a enfrentarse a las cofradías para poder recolectar mejilla”. 

As acepcións que contempla R.A.E. sobre a palabra “enfrentar” non son nin de diálogo, nin de compañeirismo, nin de paz social senón que son mais de malestar, destemple, desazón e incluso belicismo. No desenvolvemento do artigo, entrecomíllase que “la administración no toma cartas en el asunto”; estou totalmente de acordo. 

Debería de tomalas e cortar as ás a tanta soberbia e prepotencia. Un pouco máis adiante no mesmo parágrafo volven a entrecomillar que están dispostos a “ir todos juntos a un lugar determinado de la costa a recoger semilla y terminar con esto de una vez” – transcribo tal cual – e eu pregúntome, que nos van a tomar á forza como fixeron os Suevos na antigüedade? Van a ir pobo por pobo guerreando con toda unha comunidade? Quen se creen para ameazar desta forma? Quen lles dou ese poder? Non nos van a amedrentar. 

A “nosa” costa a diferenza das “súas” rías – ás que por certo deben de ter esquilmadas senón non necesitarían da mexilla do resto do mundo – é famosa aparte doutras moitas cousas pola súa bravura, esa bravura unhas veces recompénsanos e outras como é este ano prexudícanos. Para os que nos dedicamos a este oficio foi un inverno moi duro – dende novembro até hoxe por unhas circunstancias ou outras, da ultima década foi cando menos rexistro de percebe capturado tivemos- a cría non pegou, os temporais deixaron ás pedras nunha situación mala e non nos deixaron mariscar en condicións e agora que se podería comezar a estabilizar a situación … pois non se pode. 

E os nosos fillos, cando isto se amañe, tamén teñen que comer. Por iso non vamos a permitir que nos avasalen. En Galicia temos 1500 km de costa, e na nosa contorna o que pretendemos señores e gardar en cada confraría un cachiño da “nosa” ribeira – O Roncudo, a Punta da Barca – por nomear algún, que estes son, porque nós os coidamos como ouro en pano, os que nos sustentan grande parte do ano. 

Eu porque coñezo a situación e falo con moita xente doutras confrarías sei a ciencia certa que os bateeiros cando veñen as nosas zonas a extraer mexilla dánselles diferentes opcións para que non perdan o día e poidan traballar en sitios onde o percebe e de peor calidade e onde nós mariscamos puntualmente, aínda sabendo que eses sitios van quedar arrasados. Como dixen antes, como a administración non tome cartas no asunto e sente ás partes… sendo suave, isto ten mal amaño. 

 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos