11.9 C
Santa Comba
jueves, marzo 23, 2023

Pérez Añón:”Somos diferentes en ideas políticas pero coincidimos no que é mellor para o concello”

Escoita a entrevista no programa «Na Encrucillada» desde o minuto 46 deste audio

Aprobar uns orzamentos  por unanimidade entre PP, PSOE e BNG non se observa en tódolos concellos. Pasou no concello de Laxe fai uns días. O alcalde, José Luis Pérez Añón ten claro que “somos diferentes en ideas politicas pero coincidimos no que é mellor para o concello”. E que á marxe dos partidos “o fin ven sendo o mesmo”. E agradeceu a postura dos dous partidos da oposición.

Un goberno de Pedro Sánchez sen as ideas claras

Parécelle que “sempre é bo estar dacordo tódolos grupos”. E tamén asegura que o seu goberno está “facendo unha boa xestión”, coas facturas pagadas ao día “e coas contas saneadas despois de anos difíciles”.

Desde o executivo queren promover axudas as pequenas empresas e autónomos pero están á espera das liñas que marque o goberno estatal. Un goberno que para José Luis Pérez anda “a bandazos” e non está actuando ben:“Agora din unha cousa e despois cambian. Non teñen as ideas claras”.

O alcalde de Laxe tamén falou de actuacións que se están a cabo no concello, financiadas pola Xunta,  como o dragado da zona do peirao, a mellora na recollida de pluvias na capital municipal ou o proxecto de construción dunha depuradora en Serantes.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos