O portavoz do BNG no concello de Cee, Serxio Domínguez Louro, referiuse a posibilidade dunha moción de censura no concello:”O BNG non entra a valorar a posibilidade dunha moción de censura porque non ten ningunha nova sobre ela, é dicir, ningún outro grupo da oposición falou con nós neses termos”.
Domínguez Louro engadiu:”como tampouco a alcaldesa falou co noso grupo para os orzamentos, os tres soldos que teñen ou outra decisión que se ten tomado(agás as comisións correspondentes as que estamos todos representados”.
Xuntanza dos grupos da oposición
O edil nacionalista aclarou que a xuntanza que tiveron os portavoces dos grupos da oposición foi “única e exclusivamente” para tratar sobre o COVID-19.
Neste senso sinala que toda a oposición coincide “que é unha maneira de obrar non axeitada para un goberno en minoría, ademais dos riscos que supón o anunciado ao non ter o aval de Sanidade”.
Serxio Domínguez afirma que “o BNG entende o diálogo como ferramenta imprescindível para facer política e niso estará sempre aberto a falar con todo o mundo”.