4.7 C
Santa Comba
jueves, enero 23, 2025

Iago Toba:”O obxectivo era impoñer o medo non extraer mexilla”

O mandatario de Muxía sinala que a lóxica é o argumento principal dos percebeiros de Muxía.

“O noso argumento é a lóxica” declarou o alcalde de Muxía a Adiante Galicia, despois do conflito acontecido na zona da Punta da Barca ante a chegada de extractores de mexilla das Rías Baixas coa intención de traballar na zona.

Para Iago Toba urxe “unha saída política rápida” porque “pode chegar o sangue ao río” e así llo trasladou á Conselleira do Mar, Rosa Quintana, que se comprometeu a convocar unha mesa de negociación axiña.

Criticou a actitude dos bateeiros:”Apareceron en manda, en cincoenta coches en caravana, impoñendo a sensación de medo. A actitude non foi a adecuada.O obxectivo era impoñer medo, non extraer mexilla”.

O alcalde pensa que a pesar das “formas” a solución pasa “por chegar a un acordo delimitando zonas”, pero advertiu que cómpre actuar con celeridade porque “isto non se substenta máis”. Comparte a inquedanza dos percebeiros por manter as rochas cos crustáceos, e poder seguir traballando no seu.Agradeceu a labor dos axentes da Garda Civil para evitar que a tensión existente se traducira noutras cousas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos