7.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

A Garda Civil e a Policía Local buscan ós autores dun verquido incontrolado no concello de Santa Comba

Unha alerta veciñal alertou ás autoridades municipais. Na zona das “Gargas” entre os núcleos de O Tarroal e Portochán, na parroquia de Freixeiro, había unha estampa desoladora.

Un verquido incontrolado  formado por máis dun cento “de garrafas de aceites e outros líquidos de mecánica agrícola, así como filtros, electrodomésticos e outros materiais”.

Colaboración veciñal

Efectivos de Protección Civil retiraron estes materiais que foron trasladados ao Punto Limpo ubicado no Polígono Industrial. Ao mesmo tempo a Garda Civil e a Policía Local iniciaron as investigacións para tentar dar cos autores de tan incríble actitude incívica.

Desde o concello de Santa Comba piden a colaboración cidadá “para descubrir e erradicar puntos de verquidos incontrolados de auténticos cafres que atentan gravemente contra o medio ambiente e contra á propia poboación”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos