Unha produción que xa está guionizada. Agárdase o comezo dos ensaios.
Así o confirmaba en Radio Xallas Pablo Seoane, que é o director da escola de música tradicional de Santa Comba. A idea é poder desenvolver algo semellante a “Raigame”, a exitosa produción sobre a emigración que presentou a asociación Ximiela, e onde traballou arreo un grupo de persoas liderados tanto por Seoane como pola súa dona, María Mayo.
A fértil tradición mineira de Santa Comba non pasou por alto nin o mestre gaiteiro nin os membros da dinámica asociación Axio Mouro, que coordina distintas actividades no municipio.
“Se todo avanza como agardamos, esperamos pronto poder comezar cos ensaios”. A famosa pandemia tamén afecta a este proxecto, como é evidente.
Varilongo, na rodaxe da película «Lobos Sucios»
“Moita xente de Santa Comba vaise a ver reflexada neste espectáculo sobre a Mina de Varilongo” comentou Pablo Seoane, precisando que hai moitas persoas “involucradas” nesta aposta cultural.
“O guion está feito, e as esceas delimitadas” engadiu. É evidente que “cando hai tanto movemento social, hai tamén un movemento cultural polo medio”.
Historias de Varilongo
Pablo Seone non oculta a dificultade que “ten plasmar a historia dunha mina, nunha hora e media de actuación”.Sobre a relevancia histórica da Mina de Varilongo e o wolfram, temos publicadas varias reportaxes. Lembramos dúas delas, da autoría de Rafael Lema Mouzo. Pinchar enriba do titular para acceder á reportaxe.