O Partido Popular fixo unha valoración do pleno extraordinario celebrado en Muxía, proposto por ese partido, e no que se rexeitou, tanto polo PSOE como polo BNG, a proposta defendida por Sandra Vilela, “para conceder unha axuda directa a autónomos e pemes”.
“O goberno local dalle a espalda ós autónomos”
Vilela manifestou que “a crise económica que nos espera necesita dos esforzos de todas as administracións e a situación económica do concello de Muxía que este goberno herdou do anterior con máis de 3 millóns de euros de remanente permite afrontar medidas como a proposta polo PP, cun custo aproximado de 150.000€, sen embargo, o goberno local dalle a espalda ós autónomos e pemes e déixaos desamparados fronte a esta crise”.
A portavoz popular recriminou ao alcalde socialista, Iago Toba, non ser quen “de argumentar o porqué e pon por diante ós funcionarios do concello para decir que non é unha acción inviable cando estamos vendo os casos de outros concellos que están a levar a cabo medidas deste tipo. Arteixo, Silleda ou agora Zas, concellos de todas as cores políticas que están a dar axudas directas ós seus autónomos e o alcalde de Muxía di que é ilegal”.
“A gran maioría das medidas xa existen”
Sobre as medidas anunciadas polo goberno local afirma:“A gran maioría das medidas que di que vai a por en marcha xa existen no concello de Muxía; o reforzo de servizos múltiples no verán, a contratación dunha administrativa para servizos sociais, os taxis para as persoas que viven soas ou non teñen recursos, a lavandería sobre rodas, etc… son medidas que xa se levan a cabo neste concello dende fai anos. Non nos está a contar nada novo”.
“Nin unha medida para o comercio” asegura o PP
Bota en falta varias medidas xa que non hai “nin unha medida para o comercio, os gandeiros, os agricultores, os mariñeiros ou o resto de autónomos por non falar dun dos sectores máis importantes do noso concello como é o turismo para o cal anuncia unha subvención nominativa de 6.000€ que xa tiña comprometida antes desto e pola que levan meses agardando.Todos eles vana a ter que afrontar gastos agora mesmo para a reapertura de epis e adaptación do seus locais ás esixencias e nin en eso van a ter axuda do goberno local”.
Para os populares de Muxía “o único destacable son as becas escolares, as cales esperamos que continúen ó longo dos anos, mais tampouco esa é a solución agora mesmo”.
Consideran que “o goberno actual ten máis que demostrado ó longo deste ano que non están preparados para gobernar e menos para facer fronte a unha crise deste tipo”.