13.4 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

O concello promove o Plan de Reactivación Económica e Social de Muxía

O goberno local de Muxía impulsa o chamado Plan de Reactivación Económica e Social de Muxía, que recolle unha batería de máis de trinta medidas.

“Levamos traballando semanas neste Plan de Reactivación Económica e Social de Muxía, á vez que loitabamos contra a grave crise sanitaria provcada pola covid-19. As decisións que hoxe anuncio aquí non van quedar no papel, van servir para axudar a moitísima xente e conto co voso apoio” explicou o alcalde, Iago Toba, nunha rolda de prensa.

Medidas do Plan de Reactivación de Muxía

As medidas están artelladas baixo tres piares fundamentais: investimento público, medidas de reforzo de programas sociais e de saúde e medidas económicas e fiscais. Esta é a información remitida desde o concello de Muxía:

Medidas de ámbito social: reforzo da plantilla municipal cun auxiliar administrativo adicado a Servizos Sociais, aumento da aplicación orzamentaria en axudas de emerxencia, reubicación e reforzo do CIM, incremento do horario do SAF, plan de control individualizado para incrementar o servizo de teleasistencia, creación da aplicación orzamentaria para axudas de material escolar. Respecto a isto último, trátase dun bono de 100 euros para todos os escolares de enseñanza obrigatoria, de 3 a 16 anos, e na que se implicará tamén ao comercio local.

Implementación do bono-taxi para máis de 500 maiores

En acordo co sector do taxi implementarase de xeito inmediato un servizo de transporte para persoas maiores de 65 anos que vivan soas e que necesiten desprazarse a lugares de necesidade, como poden ser os centros médicos ou os hospitais. 

Beneficiaranse deste servizo máis de 500 maiores do Concello de Muxía, e analizaranse casos especiais como poden ser persoas con discapacidade ou con necesidades especiais. 

O Concello de Muxía desinfectará cada vehículo con máquinas especiais, garantindo que se cumplen en todo momento as condicións hixiénicas e de saúde. Para isto habilitouse un espazo especial, ao que acudirán por quendas, de xeito coordinado e periodicamente, os taxistas cos seus vehículos e se desinfectará o interior e o exterior.

Medidas fiscais e de reactivación económica: derogarase a ordenanza reguladora de terrazas, ata que o sector hostaleiro traballe a pleno rendemento e baixo as condicións ‘pre-crise’; derogarase a ordenanza reguladora do mercado, do mesmo xeito que a anterior e para que os postos non paguen taxas ata que se recobre a normalidade. Non se cobrarán as actividades pola non realización do feito impoñible: actividades deportivas e culturais suspendidas.

Continuaranse os procedementos administrativos de contratación de obras, así como as inversións do POS. Estanse a preparar pequenas inversións financiadas con remanente de tesourería para mellorar os servizos e infraestruturas do concello de Muxía. Incluirase no orzamento de 2020 un proxecto de humanización do municipio, para o cal se contratarán 8 operarios durante un período extenso para reactivar o emprego e mellorar o rural. Impulsarase unha campaña de marketing para dinamizar o comercio de proximidade e o Concello colaborará nun estudo para respaldar o tránsito cara un comercio ‘en liña’.

Establecerase unha colaboración co sector turístico para recuperar a actividade e asinarase unha subvención nominativa para a Asociación Turística Muxía Natural. Crearase a campaña ‘Muxía Destino Seguro’, a Oficina de Información Turística e acaba de iniciarse a tramitación para que o Concello de Muxía sexa declarado municipio de Interese Turístico Nacional. 

«Un claro beneficio para Muxía»

O alcalde de Muxía, Iago Toba, asegurou que co Plan de Reactivación Económica e Social haberá “un claro beneficio” para o conxunto do concello “entre todos acadaremos esta tan ansiada normalidade para que o noso pobo volva a ser o que era antes desta crise. Seguiremos a traballar para mellorar o benestar da xente de Muxía, con seriedade, humildade e honradez, algo que sempre dixen que me acompañaría”

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos