9.3 C
Santa Comba
jueves, abril 25, 2024

Unha persoa trasladada en helicóptero despois de caer a un patio de luces en Santa Comba

Unha persoa resultou ferida de consideración esta mañá en Santa Comba ao caer a un patio de luces dun edificio da rúa Miraflores.

Debido á gravidade das feridas da persoa, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou ata unha zona próxima ao lugar dos feitos o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, no que foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Nada máis ter coñecemento do ocorrido a través do servizo sanitario, o persoal do CIAE 112 Galicia pasou o aviso á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil, que apoiaron aos efectivos médicos durante a evacuación da persoa precipitada

Info-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos