Momentos duros nos que en moitos casos costa máis facer agromar un sorriso. Onde moitos nenos e nenas que tiveron que celebrar o seu cumpreanos dun xeito distinto. E tamén os máis grandes.
Desde o concello de Santa Comba tentaron que fose distinto non só por facerse coas limitacións oportunas. Tamén foi diferente (neste caso para ben) porque a “Caravana cumpleañeira” deixou os seus parabéns nas portas das súas casas, ou debaixo dos balcóns dos seus pisos.
Máis de 260 felicitacións fixo esta comitiva formada por unha tartaruga Ninja representada polo activo Alberto Romar, polo coordinador de Protección Civil, Beni Bouzada, polo operario Francisco Abelleira e polo incansable José Manuel Vázquez “Huelvis”, técnico municipal e voluntario de Protección Civil.
Coincidindo coas medidas de desescalada a “Caravana cumpleañeira” remata o seu camiño. Pero deixando momentos fermosos para moitas persoas e tamén de animación nas rúas e nos pobos do concello.
Este domingo facían o último percorrido por A Pereira, Espasandín, O Busto(Santa Sabiña), Castriz, Castro de Freixeiro, O Cubelo e por varias rúas da capital municipal.O alcalde, David Barbeira, agradeceu públicamente o traballo altruista desenvolvido por Beni, Alberto, Paco e Huelvis.