10.5 C
Santa Comba
miércoles, marzo 20, 2024

Nace comerciodesantacomba.com, plataforma de apoio ao comercio local

Audio coa entrevista en Radio Xallas a Teresa Castro, David Barbeira e Santi Corzón a partir do minuto 60.

“Xuntos Sairemos” é unha plataforma de apoio ao comercio e  a hostalaría de Santa Comba que está activa no enderezo web www.comerciodesantacomba.com “para paliar a falta de ingresos debido ao peche temporal dos negocios motivado pola COVID-19”.

Unha iniciativa (plataforma de compras anticipadas) apoiada desde a asociación de empresarios de Santa Comba, pero que está aberta á participación de calquera comercio xalleiro.

Na citada web, os negocios poden expoñer os seus produtos. E os consumidores teñen ao seu alcance a posibilidade de comprar, dunha maneira sinxela, “Bonos” de distintos importes para facer compras por internet nestes establecementos ou mesmo optar por “Bonos agasallo”.

Segundo a presidenta da asociación de empresarios, “trátase de axudarnos mutuamente e mover un pouco o comercio”. Teresa Castro anima ós comercios a adherirse a esta plataforma, porque aparte dos ingresos hai unha posibilidade de promoción:“No caso de que non se vendan moitos bonos está a publicidade, que saiban que aquí hai comercio, hai hostelería, hai todo e de dicir que estamos vivos”.

Detrás desta iniciativa está Santi Corzón, da empresa Imaxina, que achegou dun xeito desinteresado o soporte técnico para facer realidade a plataforma. O emprendedor Alberto Romar foi outra das persoas que colaborou na xestación dunha idea que contou desde un principio co respaldo do alcalde David Barbeira.

Ao rexedor xalleiro parécelle unha “iniciativa fabulosa  e unha ferramenta moi potente” que “vai a ser importante” e “ogallá sirva como unha fonte de ingresos nestes momentos tan duros para os comercios”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos