10.3 C
Santa Comba
martes, marzo 28, 2023

O BNG critica o reparto de mascarillas por parte de concelleiros do PSOE en Camariñas

O Bloque Nacionalista Galego de Camariñas denunciou o reparto de mascarillas por parte de membros do goberno local do PSOE:”Estamos nun estado de alarma, co virus agardando ao relaxamento da poboación para volver a ameazar a nosa saúde,non en campaña electoral, temos corpos de seguridade, Protección Civil, etc suficientes para repartir mascarillas, non fai falta que as concelleiras e concelleiros as vaian repartindo por aí adiante”.

«Que prediquen co exemplo, que queden nas súas casas»

Para os nacionalistas este “non é un bo exemplo” e polo tanto piden aos concelleiros do goberno municipal “que prediquen co exemplo, queden nas súas casas e se dediquen a preparar medidas de cara a afrontar a dura crise que se nos aveciña para o cal poden contar co BNG”.

Desde o BNG de Camariñas agradecen “o esforzo de todos os cidadáns que seguen as normas e manteñen o confinamento como así esta decretado e agradecer tamén a todas e todos os traballadores e traballadoras que arriscan cada dia a súa saúde para axudarnos a todos e todas”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos