14 C
Santa Comba
lunes, mayo 29, 2023

O concello de Mazaricos aproba o pago de facturas e reparte máscaras entre a veciñanza

O concello de Mazaricos celebrou un pleno telemático no que aprobou, cos votos a favor do goberno do BNG, o pagamento de facturas de 2019. PSOE e PP votaron en contra.

Sobre a celebración do pleno on-line o alcalde, Juan Blanco, declarou que deste xeito “compatibilízase a limitación de circulación das persoas establecida no estado de alarma e garantízanse os dereitos democráticos”. 

4.100 máscaras

Por outra banda, os membros de Protección Civil iniciaron o reparto de mascarillas. En total son 4.100 máscaras para 1.250 domicilios.

O alcalde, Juan José Blanco explicou que “aínda que agora mesmo só temos un positivo que está a cumprir o illamento preceptivo, debemos ser extremadamente coidadosos porque a media de idade do Concello así o aconsella, por iso cremos que repartir as máscaras é unha medida necesaria”. O rexedor participou o pasado xoves no programa «Na Encrucillada» de Radio Xallas.

Clases virtuais en Mazaricos

Desde o concello de Mazaricos tamén informan que veñen de abrir a inscrición para clases virtuais de pilates e TRX. A institución entregará ás persoas anotadas o material nos seus fogares aínda que, se faltan á clase, procederá a retirarllo. Para participar é preciso chamar ao 981 86 71 04 en horario de mañá. As clases son de balde e a persoa recibirá no teléfono unha ligazón para unirse á aula. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,845SeguidoresSeguir
1,120SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos