13.6 C
Santa Comba
miércoles, marzo 29, 2023

O concello de Dumbría agradece a colaboración de XEAL para axudar aos colectivos máis vulnerables

XEAL, Xallas Electricidad y Aleaciones, en resposta á solicitude remitida polo Concello de Dumbría, realizou unha doazón que permitirá dar cobertura a necesidades básicas dos colectivos en situación máis vulnerable, aportándolles alimentos e medicinas. Esta colaboración pretende axudar coas emerxencias sociais derivadas da situación de crise sanitaria e económica causada polo Covid-19.

Así, o Concello de Dumbría está empregando esta achega económica da compañía para adquirir, entre outras cousas, maquinaria fitosanitaria, en concreto, unha hidrolimpadora fumigadora con motobomba e os produtos de limpeza e desinfección correspondentes para hixienizar os espazos máis transitados e sensibles, onde a transmisión do virus é máis fácil.

Tamén se compraron Equipos de Protección Individual (EPIs), indispensables para o persoal que realiza estas tarefas de limpeza e para as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, así como material imprescindible para a xestión dos residuos xerados nos domicilios afectados por Covid-19.

Alejandro Seco, Conselleiro da compañía, indicou ao respecto que “esperamos que esta aportación sea útil para el Ayuntamiento y sus conciudadanos”.Desde o Concello de Dumbría agradecemos a XEAL a súa actitude positiva na colaboración para frear a propagación da pandemia que estamos sufrindo.

Valoramos especialmente a súa sensibilidade cos colectivos en situación devulnerabilidade e a súa achega económica para a compra deste material tan necesario nestes momentos. 

Nota- Concello de Dumbria

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos