AUDIO CON ENTREVISTA A JUAN BLANCO
Juan José Blanco Riveiro, puxo voz a moitos empresarios e cidadáns que navegan nestas datas na incerteza:”Non sabemos canto vai o durar o Estado de Alarma, nin as condicións para abrir os comercios, nin os prazos dunha posible vacuna”.
Falta de previsión do goberno do Estado
O mandatario de Mazaricos entende que a situación xerada pola expansión do coronavirus “non é fácil de levar” pero critica a “falta de previsión e a desorganización por parte do goberno do Estado” que non “ten un calendario claro”.
“O goberno central tiña que darse de conta de que o rural é moi necesario e que non se pode gobernar igual para Madrid que para o resto dos concellos” declarou Blanco que percibe que “hai un descontrol entre Ministerios” e “a sensación de que están improvisando”.
Investimento local
Unha das cuestións claves para a chamada reactivación ten que ser o investimento:”Queren reactivar a economía local pero non nós deixan gastar o remanente”, recrimina o alcalde, que lembra que no seu concello o remanente é de casi un millón e medio de euros.“Hai xestións para saír na televisión pero de cara o futuro non hai nada” engade.
Mazaricos reparte mascarillas
Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, Juan Blanco tamén se referiu a ausencia de casos positivos no seu concello “e os que poida haber xa están curados”.
E falou do inicio do reparto de mascarillas, por parte de Protección Civil, entre a veciñanza, así como o apoio que se presta desde o concello de Mazaricos para o reparto de alimentos, medicamentos ou deberes escolares, sen esquecer as tarefas de desinfeccións de zonas públicas.
Vaticina un “ano complicado” para o sector turístico e para o Camiño de Santiago e valorou a “normalidade relativa” dos gandeiros que continúan co seu importante traballo:”Estase demostrando, con esta pandemia, a calidade de vida do rural”.