Muxía celebra a primeira sesión destas características na Costa da Morte.
O concello de Muxía acolle este xoves un pleno extraordinario que se celebrará por vía telemática, tendo en conta a situación actual.Segundo informan desde o concello, a sesión comenzará ás 12h., e nela trataranse maioritariamente temas económicos e relacionados cos procedementos administrativos abertos.
Iago Toba:”Esta sesión sentará precedente”
“Este Pleno extraordinario será o primeiro en celebrarse de xeito telemático en toda a nosa contorna, e sentará precedente. Todo apunta a que as vindeiras sesións tamén se celebrarán a distancia debido ao estado de alarma. Quixemos convocalo axiña porque hai procedementos administrativos que hai que aprobar á maior celeridade” declarou o alcalde socialista muxián, Iago Toba.