O concello de Vimianzo licitou un paquete de actuacións consistentes en limpezas e reparacións urxentes nas 14 parroquias do municipio.O investimento ascende a 148.760 euros.
Entre os labores que se realizarán, atópanse o servizo de saneamento e limpeza en áreas urbanas e rurais, desbrozamentos nas vías secundarias, servizos de reparación e mantemento nas estradas, servizos de mantementos de árbores, eliminación de maleza e poda, servizos de limpeza e varrido de rúas, limpeza de sumidoiros, vaciado de sumidoiros, limpeza de pintadas e limpeza de aparcadoiros.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, sinala que “trátase dunha partida moi importante do noso orzamento adicado a tarefas esenciais en todo o termo municipal, e melloraremos infraestruturas de cara á reapertura das condicións normais da vida, logo do estado de alarma”, di a rexedora.