10.8 C
Santa Comba
viernes, marzo 31, 2023

Sufocan un incendio nunha granxa de coellos de Cabana de Bergantiños

Información- Axega 112 // Foto- Juan Manuel Trillo(Facebook)

A salvo os animais dunha granxa en Cabana de Bergantiños tras arder unicamente dous electrodomésticos.Un curtocircuíto parece ser a causa da orixe dun incendio declarado esta mañá nunha granxa de coellos situada en Cundíns, en Frinle, no concello coruñés de Cabana de Bergantiños.

Faltaban dez minutos para as 09:00 horas, cando un particular informaba ao 112 Galicia dun lume nunha nave. Aseguraba que non había persoas afectadas pero que no seu interior había animais.

Así, con estes datos, desde o 112 Galicia púxose en marcha un operativo formado polos Bombeiros de Carballo, GES de Ponteceso, axentes da Garda Civil, Policía Local e polos efectivos de Protección Civil de Cabana. Ademais, informouse da situación ao persoal do servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e púxose en alerta aos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por se fose precisa a súa intervención nalgún momento.

Finalmente, tras chegar ao punto e apagar o lume, os servizos de emerxencia confirmaron que, por fortuna, ningún animal se vira afectado e que, unicamente, arderan dous aparellos, unha lavadora e unha secadora que se atopaban no interior da nave.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos