16.5 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Veciños de Grixoa piden que se destine unha parte do remanente á mellora da estrada de San Salvador

A asociación de veciños de “Grixoa de Esternande – Minas de Varilongo” propón que se destine unha parte do remanente do concello de Santa Comba, de preto de 2,5 millóns de euros, para a mellora da estrada de San Salvador.

Estrada de San Salvador, unha prioridade absoluta

Así o expresou o portavoz da entidade, Xosé Abelenda, en declaracións a Radio Xallas. Tendo en conta a existencia deste remanente e “xa que no último POS non se dedicou nin un só euro a esta estrada tan precisa”, desde a asociación plantexan que “polo menos un 10% dese diñeiro vaia adicado para esa infraestrutura” que consideran que é “unha prioridade absoluta”.

Para Xosé Abelenda, os investimentos representan “unha maneira de dinamizar a economía”. Desde a entidade queren saber “cal é a posición dos distintos partidos políticos” ante esta proposta.

Recentemente, o Partido Popular de Santa Comba, propuxo que se aproveitaran eses fondos, para apoiar a autonómos, pequenos empresarios e gandeiros.

Continúan as deficiencias na internet

Na súa intervención na radio pública xalleira tamén se referiu a mala cobertura da internet, que despois das queixas recentes “non mellorou para nada e incluso empeorou”. Deixou claro que “non é un tema exclusivo de Grixoa de Esternande”, xa que afecta a outras parroquias.

ESCOITA A XOSÉ ABELENDA A PARTIR DO MINUTO 58

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos