AUDIO -Intervención da alcaldesa de Vimianzo desde o minuto 39.
A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, lanzou unha mensaxe de optimismo por ir avanzando nesta loita contra o coronavirus pero sempre “sen despistarnos e cumprindo coas instruccións”.
Estar a carón dos veciños de Vimianzo
A rexedora soneirana reiterou o seu “compromiso de estar a carón dos veciños e facemos todo o mellor posible”. Referiuse a distintas medidas como os programas activos promovidos desde a concellaría de Servizos Sociais, a axuda para levar medicamentos ou alimentos ós domicilios , o apoio psicolóxico, as tarefas de desinfeccións ou mesmo o reparto de máis de 15.000 mascarillas “homologadas” polas distintas parroquias de Vimianzo.
Reparto de mascarillas homologadas
Amosouse “orgullosa” do equipo humano co que conta formado por concelleiros, efectivos de Protección Civil, Policía Local ou voluntarios, que colaboraron para un reparto rápido en todo o concello “cumprindo en todo o momento os protocolos” e coa idea de que “todos os veciños tiveran esas mascarillas” nun espazo breve de tempo.Pediu un “uso responsable” das mesmas.
Apoio ós comercios
Mónica Rodríguez expresou a súa preocupación pola situación do comercio local, da hostelería “e da xente que non pode abrir os seus negocios”.Avanzou que o goberno local de Vimianzo “poñerá toda a carne no asador” para implementar medidas de apoio dentro da legalidade e do orzamento municipal. “Imos ver que podemos facer para axudar” engadiu a alcaldesa.