11.6 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

A primeira máquina nebulizadora da Costa da Morte comezou a traballar en Muxía

Unha máquina nebulizadora comezaba as súas tarefas no concello de Muxía. É , segundo fontes municipais, a primeira destas características en toda a Costa da Morte. Este aparello  permitirá maximizar a desinfección e optimizar as condicións hixiénicas nos espazos destinados ao seu uso. 

Iago Toba:»É un salto moi grande na loita contra o coronavirus»

Xunto con esta máquina nebulizadora o concello adquiriu tamén unha máquina hidrolimpadora portátil e unha de desinfección en ozono, específica para espazos interiores e vehículos. Iniciaron a súa «andaina» coa desinfección de espazos de importante concorrencia de Muxía e coa limpeza de colectores. E agora estarán operativas noutros puntos do territorio.

“Estes aparellos empregan unha tecnoloxía moi novedosa e permitirannos dúas cousas: facilitar o traballo dos nosos operarios municipais, que están a traballar arreo durante todo o estado de alarma, e chegar ata onde antes non podíamos. É un salto moi grande na loita contra o coronavirus, e así seguiremos para que isto remate o antes posible” manifestou o alcalde de Muxía, Iago Toba.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos