14.2 C
Santa Comba
miércoles, marzo 29, 2023

“O Son da Curuxa”, un novo espazo na rede promovido por tres mozos de Santa Comba

“O Son da Curuxa” é o nome do blogue promovido por tres mozos do concello de Santa Comba. Jorge Castelo Mourelle é un físico de Boaña de Abaixo(Castriz), Sergio Vázquez García, un biólogo de Vilamaior e Roberto López Castro, un enxeñeiro informático natural do Outeiro(San Cristovo). Os tres teñen 22 anos. 

Divulgar para combater o maltrato ao patrimonio e á natureza

Fai máis dun ano botou a andar esta iniciativa que sufriu un parón e agora estase reactivando. Un dos promotores, Jorge Castelo, fálanos deste proxecto que pretende divulgar o patrimonio cultural e natural da comarca “pois dame muita rabia que a xente non saiba o que temos e que ás veces por inconsciencia, ás veces simplemente por irresponsabilidade, haxa tanto maltrato ao patrimonio e á natureza da zona”.

Aínda que son tres os promotores, Jorge Castelo, comenta que non se trata dun grupo pechado e teñen previsto publicar artigos de varios colaboradores.

Preparando novos contidos

Sobre os vindeiros artigos coméntanos que están traballando “en varios temas a un tempo, xa que queremos abordar varios puntos. Temos algún que outro conto popular, temos máis cousas listas sobre historia e mitos. Estamos escribindo cousas sobre a gastronomía típica. E falaremos tamén sobre música, sobre fauna e flora, probablemente sobre algunhas características dos ríos, en concreto de varias zonas do Xallas… Agora mesmo temos varios frentes e varios temas. Eso si, sempre con relación á nosa comarca ou en definitiva a Galicia”.

O enderezo deste blogue é https://osondacoruxa.wordpress.com/

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos