8.6 C
Santa Comba
jueves, enero 23, 2025

Acto vandálico no paseo marítimo de Caión

A Policía Local investiga uns feitos, que son especialmente graves ao terse realizado durante o estado de alarma.

O tramo do paseo marítimo de Caión que comunica a praza Eduardo Vila Fano co aparcamento da praia, xunto á entrada principal ao areal, foi obxecto dun acto vandálico nas últimas horas que supuxo o destrozo de todas as balizas -unhas trinta e cinco- do alumeado público.

A Policía Local iniciou unha investigación para tratar de dar coa persoa (ou persoas) responsable destes feitos, que son especialmente graves ao significar, ademais, o incumprimento das medidas de confinamento durante o estado de alarma decretadas polo Goberno.

O Concello da Laracha estima nuns 15.000 euros os gastos que suporá a reposición dos equipos danados.

Fonte-Concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos