11.3 C
Santa Comba
viernes, septiembre 22, 2023

O concello de Muxía traballa para garantir a cobertura en emerxencia social no caso da dilatación do estado de alarma

NOTA DE PRENSA DO CONCELLO DE MUXIA

O Concello de Muxía incrementará as axudas en emerxencia social para garantir a defensa dos colectivos máis vulnerables no caso de dilatarse o estado de alarma. Así o garante Iago Toba, alcalde de Muxía, quen comenta que “estamos en todo momento falando con intervención, e en casos de extrema emerxencia como o que vivimos non existe límite na consignación orzamentaria.”

Isto traducirase, en todo caso, á cobertura a todos os niveis para que “as nosas veciñas e veciños estean protexidas ante a crise sanitaria que estamos a vivir”, comenta o rexedor. 

Desde o consistorio trabállase a diario e sempre adaptándose ao contexto, pero iso non impide que se estean a tomar medidas pensando no futuro, máis concretamente nunha hipotética situación do aumento do período de alerta. Esta mañá tivo lugar unha reunión para a coordinación dos servizos municipais no caso de que este estado de alarma se extenda no tempo, entre o alcalde de Muxía, Iago Toba; o coordinador de Protección Civil, Ramón Barrientos; a Policía Local con Alejandro Muíño á cabeza e varios representantes da agrupación muxiá.

Polo tanto, servizos como a atención psicolóxica, de asesoramento a nivel administrativo ou de reparto de produtos de primeira necesidade estarían cubertos no caso de dilatarse no tempo esta situación extraordinaria. 

O alcalde de Muxía, Iago Toba, avisa de que “imos seguir traballando polo benestar da nosa veciñanza. Estamos a facer un gran esforzo, a todos os niveis, porque é a nosa responsabilidade. Ninguén vai quedar descuberto, aínda no caso de que esta situación se extenda no tempo”, di o rexedor. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos