13.3 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Santa Comba asomouse á xanela da ilusión e da esperanza

VIDEO NO INTERIOR // Xosé Manuel Lema//

Hai quen non falta a súa cita diaria das 8 da tarde e sae ao balcón día a día, como enviando unha mensaxe de resistencia, e ao mesmo tempo  dunha vitoria que chegará, pero os venres xa son especiais en Santa Comba.

E este 27 de marzo, moitos xalleiros volveron saír ás xanelas e balcóns, para aplaudir ao paso dos vehículos da Policía Local, de Protección Civil  e doutros  do concello, que percorreron as rúas, con paradas simbólicas, como a realizada nas inmediacións do Centro de Saúde da capital municipal.

Xunto ás cancións de Naiara (“Adiante“) e Juan Pardo(“ Xuntos”), que acompañaron o paso da comitiva municipal, tamén se escoitou o clásico “Cumpleaños Feliz”, para as nenas e nenos que estaban de aniversario.

Aplausos, ovacións, música, e tamén debuxos feitos polos máis pequenos ou roupas e bandeiras verdes, iluminaron de esperanza e emotividade a noite xalleira.O concello optou por iluminar de verde a casa do concello e a Casa  do Pozo. Nunha xornada na que continuamos sumando iniciativas, como a do veciño Manuel Durán Gómez que quixo difundir unha copla adicada ao coronavirus.

Unha xornada máis e unha menos para vencer esta batalla na que a responsabilidade e a unión son as armas máis eficaces.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos