16.8 C
Santa Comba
miércoles, abril 10, 2024

Especial no Día Mundial da Poesía en Radio Xallas

Radio Xallas celebra este sábado, 21 de marzo, o Día Mundial da Poesía no complexo contexto actual que estamos vivindo.

Cinco poetas participan nesta iniciativa. A xalleira Regina Muñiz, o director de Adiante Galicia, Xosé Manuel Lema, e a coordinadora do Clube de Lectura Fácil da biblioteca xalleira Tania Yánez, recitan versos propios xunto co vate bergantiñán Óscar de Souto e coa escritora venezolana afincada en Lugo, Adolfina Mesa.

“Os versos poden ser ferramentas útiles para transmitir enerxía e facer compaña nesta datas tan complexas. Acreditamos no valor da palabra en momentos un tanto confusos, e queremos ceibar metáforas e sentimentos desde esta antena” aseguran desde a emisora pública xalleira, que aproveita para enviar unha mensaxe de ánimo a tódalas persoas.

Este recital poético nas ondas pode escoitarase as 14,00 e tamén as 19,00h no 107.5 FM, na web do concello de Santa Comba, na portada do noso xornal ou en app como Radiogarden.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos