O concello de Mazaricos puxo en marcha #CulturanaCorentena, coa idea de partillar vídeos de artistas de Mazaricos para amenizar estes días de estado de alarma.
A primeira protagonista é a cantante Tania Fuegho, que interpreta un fragmento dunha canción e manda un saúdo a través das redes sociais deste concello.
“Algún día volveremos a cantar todos xuntos” manifesta Tania Fuegho, lembrando o seu concerto na Casa da Cultura da Picota.A artista non se esquece do consello fundamental destas datas:”Estade nas casas.
Nas casas tamén se poden facer cousas produtivas, no encerro. Eu vou seguir compoñendo”.Para seguir as informacións do concello de Mazaricos a súa conta de Facebook é @concello.demazaricos