En Santa Comba puxeron en marcha un concurso de vídeos. Piden aos veciños que envíen os seus vídeos onde se amosen actividades diarias dos rapaces (de 3 a 14 anos) coas súas familias nas casas.
Os vídeos, de menos de dous minutos, compartíranse nas redes sociais etiquetando aos medios oficiais do concello e usando o cancelo #SantaCombaQuedaNaCasa.
Gañarán os que teñan máis “gústame”. O concurso prolongarase ata o 29 de marzo. Haberá dous premios. Un lote de libros en galego e un lote de material deportivo variado.
*Bases:
TEMÁTICA:
1.- A temática terá relación co fomento da actividade familiar NAS CASAS durante este periodo extraordinario de corentena.
2.- Os videos poderán amosar actividades diarias dos rapaces/as coas súas familias na casa: Estudo, aprendizaxes varios, exercicio e deporte, mostras de ánimo e apoio aos colectivos que teñen especial traballo durante estas difíciles datas…
3.- Os videos deben de ser orixinais, e non sobrepasar os 2 minutos de duración.
4.- Os videos serán publicados polos país/nais/tutores co cancelo #SantaCombaQuedaNaCasa, etiquetando as redes sociais do Concello de Santa Comba en Facebook SANTA COMBA Info+, e en Instagram @santa_comba_info.