VIDEO ALCALDE DAVID BARBEIRA
O alcalde de Santa Comba, David Barbeira, confirmou a existencia de “varios casos positivos” por coronavirus no concello de Santa Comba, precisando que se atopan todos “en illamento nos seus domicilios” cun seguimento das autoridades sanitarias.Tamén se está á espera de varios resultados.
Barbeira expresou o seu compromiso de ofrecer toda a información posible aos seus veciños. Enviou unha mensaxe de tranquilidade:”Non hai que alarmarse, pero sexamos prudentes e salgamos á rúa só cando sexa necesario”.
«Quedemos na casa»
O mandatario xalleiro recoñeceu que “estamos nunha situación bastante complicada, pero se todos poñemos un pouco da nosa parte, isto non vai ser tan grave como noutros sitios”.
Tivo palabras de agradecemento para a portavoz do PP, María Pose, que contactou co goberno local:”Isto non entende de cores políticas”. Nunha mensaxe en vídeo insistiu en pedir aos veciños que non acudisen aos centros de saúde e utilizasen o servizo telefónico. Reiterou que “toca extremar precaucións” e aconsellou:”Quedemos na casa”.