9.1 C
Santa Comba
jueves, diciembre 8, 2022

O Centro de Saúde e o concello de Santa Comba únense para lembrar que “só se debe saír da casa para cousas imprescindibles”

Policía Local e Garda Civil lembran que hai previstas sancións desde 600 euros. Intervención en Radio Xallas

A xefa de servizo do Centro de Saúde, Dolores López, e a coordinadora de enfermería, María Rial, e o alcalde de Santa Comba, David Barbeira, mailo xefe da Policía Local, Manuel Pérez interviron en Radio Xallas para pedir á veciñanza que siga as indicacións das autoridades.

“Temos que protexer aos nosos maiores”

Dolores López  foi tallante:”Moitos usuarios están respectando as normas pero hai persoas que fan caso omiso. Temos que protexer aos nosos maiores”.

A doutora lamentou que haxa xente que acude ao centro médico, que é un punto de posible contaxio, e non sigan as indicacións:”Se ten tose ou febre non deben de vir ao Centro de Saúde” lembrou, ao tempo que pedía “solidariedade e sentido común”.

Evitar masificacións no Centro de Saúde e nos supermercados

Tamén alertou das masificacións dos supermercados e da necesidade de permanecer nos respectivos fogares. Ante esta situación no centro médico valoran recurrir ás forzas da orde.

Na mesma liña expresouse María Rial, que insistiu en que só se fan determinados servizos e que hai medios teléfonicos para contactar. “Non saír da casa. Só facelo para cousas imprescindibles”.

O xefe da Policía Local, Manuel Pérez, sentiuse preocupado porque “a xente segue saíndo da casa a pasear, e incluso van ao supermercado dous dunha casa”. Lanzou unha nova advertencia, xa que as autoridades non queren optar pola vía sancionadora, pero agora mesmo xa é un recurso que se valora.

Situación de extrema gravidade

“É unha situación de extrema gravidade e hai que ser responsables” manifestou o alcalde David Barbeira, que recriminou a existencia de “malas condutas”, polo que volveu a dirixirse aos veciños a través da radio pública para lanza un novo aviso.  

A petición de Barbeira é a mesma do luns. Estamos nunha situación extraordinaria e hai que facer caso das normas aplicadas neste estado de alarma.Para casos graves e urxencias poden chamar ao 061 e para resolver dúbidas sobre o teléfono é 900 400 116,

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,789SeguidoresSeguir
509SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos