Cualifica de “feito lamentábel” o vídeo do alcalde Walter Pardo
O BNG de Malpica considera que o polémico vídeo protagonizado polo alcalde é “un feito lamentábel” e expresan o seu total rexeitamento en “tempos moi complicados para todo o mundo” e nos que “ os nosos representantes deben estar á altura da situación nestes momentos cruciais”.
Os nacionalistas afirman, que neste estado de alarma “non é o momento de ningunha gracia nen chiste, e menos por parte dun cargo da Administración Pública”.
Non valoran positivamente as desculpas de Walter Pardo
Desde esta formación, que comparte goberno co PSOE e co independente Alfredo Cañizo, aclaran que tampouco valoran positivamente as desculpas públicas do rexedor “tratando máis ben de desculparse a sí mesmo que dun arrepentimento real, incidindo continuamente na privacidade do vídeo en ‘clave de humor’, e na denuncia pertinente que vai poñer por ter sido publicado”.
Manifestan que todo o que se comparte nas redes sociais “é susceptible de facerse público” e polo tanto “deben de asumirse as consecuencias”.Non anuncian ningunha medida, que serán adoptadas nunha xuntanza da asemblea local. O BNG conta con dous representantes na corporación, Dani García e Leticia Varela.