14.2 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

O BNG considera unha falta de respecto que non se convidase ós alcaldes de Mazaricos e Zas á xuntanza con XEAL

Foto-Xuntanza de alcaldes con directivos de XEAL.

A xuntanza mantida por alcaldes da Costa da Morte, todos do PSOE, con representantes de XEAL (antes Ferroatlántica) non sentou ben no BNG, que considera “unha falta de respecto” que non se convidara aos alcaldes de Zas, Manuel Muíño, e Mazaricos, Juan Blanco.

Atribúen esta “falta” tanto a empresa como ao promotor do encontro, o deputado provincial e alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño Castro.

Desde o BNG sinalan “a ausencia de representantes do concello de Dumbría na reunión convocada e pedida polo comité de empresa a semana anterior, o que deixa as claras que hai partes do conflicto que se sitúan na parte especulativa, tentando sair, como noutras ocasións, sen ningún tipo de dano colateral”.

Branquear os movementos de XEAL

Para os nacionalistas “con este movemento os alcaldes e alcaldesas só consiguen branquear os movementos da empresa cara a segregación total a e absoluta, algo que a estas altura do conflicto é ben raro que haxa quen aínda non o asimile”.

Consideran que se o PSOE ”está comprometido en salvar a industria na Costa da Morte” debería “esixir de maneira inmediata que o goberno do estado Español aprobe un estatuto electrointensivo acorde as necesidades reais das industrias galegas, tal e como reclama Alcoa ou Ferroatlántica sen ir mais lonxe”.

O BNG explican que as concesións hidroeléctricas “deben ser garante do mantemento da actividade industrial na comarca, e por ende dos postos de traballo, algo que a vista está non acontece cando se pechan fornos e se despiden traballadores, como se fixo semanas atrás”.
E insisten en pedir as alcaldesas e alcaldes do PSOE da Costa da Morte que reclamen o estatuto “ante o seu goberno de Madrid”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos