6.5 C
Santa Comba
martes, marzo 28, 2023

Santa Comba aprobou a “Conta Xeral 2018”

O pleno xalleiro aprobou por unanimidade a Conta Xeral do exercicio 2018. Tanto PP como PSOE recriminaron a tardanza na aprobación. David Barbeira asegurou que o atraso non se debeu a “ningún capricho” e obecedeu a cuestións de “forza maior”, pola ausencia durante meses da secretaria e do interventor.

Os datos da Conta Xeral 2018 (resultados positivos)

Remanente de tesourería  2.475.243 euros.

Resultado orzamentario  1.313.609 euros.

Acta de arqueo  3.213.103 euros.

Desde o PSOE, Cristina Fajín, criticou que aínda sendo “parte do goberno” non dispuxeron da documentación en tempo e forma. Expresou o voto favorable do seu grupo xa que “é algo moi necesario e estamos perdendo subvencións”·

David Barbeira(CxG) negou a perda de fondos:” As subvencións están todas enviadas e non temos notificación de que se perdera ningunha subvención, a día de hoxe”.

María Pose:»Un bo goberno do Partido Popular»

Pola súa banda, María Pose(PP), lembrou que esa Conta Xeral reflexa “o bo goberno do Partido Popular” durante o exercicio 2018. “A realidade está nos papeis non nas palabras” dixo Pose Rodríguez.

Os populares tentaron sen éxito que David Barbeira explicara o documento. O alcalde declarou que “o interventor é a mellor persoa para explicalo e que se entenda”.

Para María Pose era unha mostra de que “o alcalde non preparou o pleno”.Un grupo de veciños de San Salvador e Grixoa volveron a asistir a un pleno con pancartas reivindicativas.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos