O pleno xalleiro aprobou por unanimidade a Conta Xeral do exercicio 2018. Tanto PP como PSOE recriminaron a tardanza na aprobación. David Barbeira asegurou que o atraso non se debeu a “ningún capricho” e obecedeu a cuestións de “forza maior”, pola ausencia durante meses da secretaria e do interventor.
Os datos da Conta Xeral 2018 (resultados positivos)
Remanente de tesourería 2.475.243 euros.
Resultado orzamentario 1.313.609 euros.
Acta de arqueo 3.213.103 euros.
Desde o PSOE, Cristina Fajín, criticou que aínda sendo “parte do goberno” non dispuxeron da documentación en tempo e forma. Expresou o voto favorable do seu grupo xa que “é algo moi necesario e estamos perdendo subvencións”·
David Barbeira(CxG) negou a perda de fondos:” As subvencións están todas enviadas e non temos notificación de que se perdera ningunha subvención, a día de hoxe”.
María Pose:»Un bo goberno do Partido Popular»
Pola súa banda, María Pose(PP), lembrou que esa Conta Xeral reflexa “o bo goberno do Partido Popular” durante o exercicio 2018. “A realidade está nos papeis non nas palabras” dixo Pose Rodríguez.
Os populares tentaron sen éxito que David Barbeira explicara o documento. O alcalde declarou que “o interventor é a mellor persoa para explicalo e que se entenda”.
Para María Pose era unha mostra de que “o alcalde non preparou o pleno”.Un grupo de veciños de San Salvador e Grixoa volveron a asistir a un pleno con pancartas reivindicativas.